25/1/08

APRENDEMOS ALGO SOBRE AS PLANTAS...

Aproveitando que en 2º de primaria estamos traballando o tema das plantas queremos presentarvos o vídeo que preparamos sobre o tema.
As fotos fixéronas os nenos e nenas da clase despois dunha exploración polo patio do recreo e os corredores do colexio para comprobar que tipos de plantas hai na nosa escola.
Os textos fixémolos entre todos.
Comprobamos tamén que na biblioteca hai libros que falan das plantas e traen moita información interesante.